Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «claustro».

claustro

  •   Etimoloxía: do latín claudere, co significado de "pechar".

  Substantivo masculino

claustro (sg: claustro; pl: claustros)

  1. (Arquitectura) Patio cadrangular que ten nos seus catro lados unha galería porticada con arcadas ou arquerías que descansan en columnas ou dobres columnas. Os claustros adoitan estar edificados a continuación dunha das naves laterais dunha catedral ou da igrexa dun mosteiro. Cada galería toma o nome de panda e en cada panda distribúense os distintos espazos necesarios para a vida monacal ou catedralicia. Adoita ser lugar de recollemento.

Traducións