Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «colexio».
  •   Etimoloxía: do latín collegiu(m), "asociación".
  •   Pronuncia: /koˈleʃjo̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

colexio ----

singular plural
colexio colexios
  1. Centro de ensino primario ou secundario.
    • Exemplo: Fun de excursión cos compañeiros de colexio.

    • Sinónimos: escola.
  2. Edificio onde se leva a cabo o ensino.
    • Exemplo: Houbo que desaloxa-lo colexio por ameaza de bomba.

    • Sinónimos: escola.
  3. Asociación de profesionais liberais que, a modo dun sindicato vertical, pretende defende-los seus intereses.
    • Exemplo: Estou organizando un curso no colexio de veterinarios.

Termos relacionados

Traducións