Galego

 
Diferentes formas de conformación (confórmeros) do n-butano vistos en proxección de Newman
  •   Pronuncia: /koŋfoɾmaˈθjoŋ/ (AFI)

  Substantivo feminino

conformación (sg: conformación; pl: conformacións)

  1. Acción e efecto de conformar ou conformarse.
  2. Colocación, disposición das partes que forman unha cousa.
  3. (Anatomía e zooloxía) Aspecto dunha determinada estrutura anatómica, ou dun organismo considerado en conxunto.
  4. (Química) Disposición tridimensional dos átomos, ou dos radicais unidos a átomos, ligados entre si por un ou varios enlaces químicos.
  5. (Química) Cada unha das disposicións espaciais dos átomos dunha molécula producidas por rotación en torno a un ou máis enlaces simples.

Termos relacionados

Traducións


Castelán

  Substantivo feminino

conformación (sg: conformación; pl: conformaciones)

  1. Conformación.