Galego

  Substantivo feminino


singular plural
cornal cornais
  1. (Gandaría) Correa ou soga que se usa para xunguir á mulida, atando o xugo ós cornos da xugada.
    • Sinónimos: corneira.
    • Exemplo: O xugo vai atado ós cornos coas cornais, sogas que poden pasar dos catro metros de longo.

    • Observacións: Adoita empregarse en plural, cornais. A atadura faise dando varias voltas ós cornos e ós castelares do xugo, e ó final deixa un cabo solto para guiar a xugada.

  Adxectivo

  1. (Carro) Aplicado ó xugo, dise do que se ata ós cornos dos animais.

Termos relacionados

Véxase tamén