Galego

  •   Pronuncia: /ˈkume̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

cume (sg: cume; pl: cumes)

  1. (Xeografía) Parte máis elevada dunha montaña.
  2. (Arquitectura) Parte máis elevada da cuberta ou tellado, liña onde se xuntan as dúas vertentes.
  3. (Arquitectura) Trabe central e máis alta da armadura da cuberta.
  4. (Figurado) Reunión de representantes de diferentes países para debater unhas políticas comúns.
    • Exemplo: Non houbo acordo no cume do clima.

    • Sinónimos: cumio.

Traducións