Galego

  Substantivo feminino

 
Ciclo biolóxico da Fasciola hepática

fasciolose

  1. (Veterinaria) Enfermidade parasitaria propia de vacas e ovellas, transmisible ó home, causada polo trematodo Fasciola hepatica ou Dicrocoelium lanceolatum.
    • Sinónimos: distomatose hepática, fasciolíase; denominacións populares: faixa, mal do herbo, papeira, papo.
    • Observacións: O parasito localízase nas vías biliares e provoca inflamación das vías, retención biliar e serios transtornos nutricionais. Síntomas características son o edema do papo (papeira) e erizamento do pelo na rexión das costas (faixa).

Traducións