Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «malaio».
Vexa no Galizionario as palabras en malaio.
  •   Pronuncia: /maˈlajo̝/ (AFI)

  Adxectivo

malaio

  1. Pertencente ou relativo ao pobo que habita a península malaia e o arquipélago malaio e por emigración esparexeuse a outras rexións. É o principal grupo étnico de Malaisia, Brunei, Timor Leste, Filipinas e Madagascar, e forma unha minoría importante en Indonesia, Singapur, sur de Tailandia e Surinam.
  2. (Xeografía) Relativo ou pertencente ao arquipélago Malaio.

Traducións

  Substantivo

malaio

  1. Persoa pertencente ao pobo malaio.
  2. (Lingüística) Lingua (ou macrolingua) austronesia malaio-polinesia falada polo pobo homónimo.

Traducións