meco
Galego
meco1
- Pronuncia: /ˈmɛkʊ/ (AFI)
Substantivo masculino
meco (sg: meco; pl: mecos)
meco2
- Pronuncia: /ˈmɛkʊ/ (AFI)
Substantivo masculino
meco (sg: meco; pl: mecos)
- Aceno, palabra ou caricia de tenrura.
- Trato de cariño que se ve excesivo.
- Actitude caprichosa de quen recibe este trato.
meco3
- Pronuncia: /ˈmɛkʊ/ (AFI)
Adxectivo
meco (ms: meco; mpl: mecos; fs: meca; fpl: mecas)
- Dise da persoa birolla e que ve mal.
- Dise da persoa de ollos moi claros.
- Dise da persoa ou animal sen unha ou as dúas orella, ou parte delas.
meco4
- Pronuncia: /ˈmɛkʊ/ (AFI)
Substantivo
meco (ms: meco; mpl: mecos; fs: meca; fpl: mecas)
- (Xentilicio) Veciño ou natural do Grove.
- Exemplo: Os mecos defenderon a súa propiedade sobre a praia da Lanzada
. - Sinónimos: groveiro, grovense.
- Observacións: Este xentilicio vén dado por unha das lendas máis famosas destas terras (A lenda do Meco). Don Juan de la Meca era o señor feudal que posuía o dominio da vila, polo que podía disfrutar do "dereito de pernada", que consistía nun presunto dereito que outorgaba aos señores feudais a potestade de manter relacións sexuais con calquera doncela, serva do seu feudo, que fose contraer matrimonio cun dos seus servos. A poboación grovense, cansa dos seus abusos, decidiu axustizalo e colgalo dunha figueira no monte da Siradella. E cando as autoridades intentaron prender e castigar o culpable do crime, a lenda conta que o pobo berrou ao unísono: ¡Matámolo todos!.
- Exemplo: Os mecos defenderon a súa propiedade sobre a praia da Lanzada
Adxectivo
meco (ms: meco; mpl: mecos; fs: meca; fpl: mecas)
- (Xentilicio) Dise dos veciños, naturais, colectivos, empresas, etc. do Grove.