Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «moral».
  •   Pronuncia: /mɔˈɾal/ (AFI)

  Substantivo feminino

moral (sg: moral; pl: morais)

  1. Conxunto de normas, regras, posicionamentos ou consensos que rexen ou xulgan o comportamento ou a conduta das persoas en tanto que son membros dunha sociedade, relixión, cultura etc
  2. Disciplina que estuda os actos humanos en relación cos conceptos do ben e do mal.
  3. Estado de ánimo no que se encontra unha persoa ou colectividade nun momento dado.
  4. Boa disposición para a acción, ánimo, entusiasmo, enerxía emocional, confianza, espírito de vitoria.
  5. Conxunto das facultades e funcións do entendemento ou da mente, en contraste coas físicas ou do corpo.
  6. Parte final, conclusión, mensaxe que se deduce dun relato, fábula, exemplo, discurso, etc.

  Adxectivo

moral (sg: moral; pl: morais)

  1. Que pertence ou concirne aos costumes ou condutas.
  2. Que pertence ou concirne ás normas ou principios que determinan o bo comportamento ou a diferenza entre o bo e o malo, dentro dunha sociedade, grupo ou época.

Termos relacionados