pleuronectiformes

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «pleuronectiformes».
  •   Etimoloxía: do grego antigo pleura, lado, e nektos, nadar, pola forma característica de nadar de lado.

  Substantivo masculino plural

 
Rodaballo

pleuronectiformes

  1. (Ictioloxía) Orde de peixes teleósteos coñecidos popularmente como peixes planos. Presentan un corpo comprimido lateralmente e, por viviren acostados sobre un dos seus lados nos fondos areosos, sofren unha modificación da simetría bilateral que consiste na migración dun ollo ó outro lado, de tal modo que presentan un lado cego, non pigmentado, que é o que se pousa no fondo, e outro cos dous ollos, pigmentado, que é o que aparece como superior (aínda que realmente sexa un dos costados do peixe).
    • Exemplo: Exemplos da orde dos pleuronectiformes son o linguado ou o rodaballo.

Traducións