Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «raque».
  •   Pronuncia: /ˈrake̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

raque (sg: raque; pl: raques)

  1. (Anatomía) Conxunto de vértebras artelladas entre si, que constitúe o eixo principal do esqueleto dos animais vertebrados. A súa función é a de sostén doutras estruturas e de protección da medula espiñal. Tamén se denomina columna vertebral ou, informalmente, espiñazo.
  2. (Botánica) Estrutura lineal, regular ou non, que forma o eixo dunha inflorescencia (no caso das espigas), dunha infrutescencia (no caso dun acio de uvas) ou dunha folla composta (no caso das palmeiras ou dos fentos). Por veces dáselle tamén este nome á nervadura central dunha folla simple.
  3. (Ornitoloxía) Nas plumas das aves, eixo central duro do que saen as barbas.

Traducións