Galego

  Substantivo masculino

(sg: tranqueiro; pl: tranqueiros)

  1. (Arquitectura) Cada unha das dúas pezas verticais (formada á sua vez por unha ou máis pezas) que delimitan lateralmente o van dunha porta ou ventá e sosteñen o lintel ou o arco que as pecha superiormente.
    • Exemplo: Non esquezas poñer o cacho de San Xoán no tranqueiro da ventá, que sempre será bo como menciña unha vez seco

      .
    • Sinónimos: agulla, macheta, pé dereito, ucheira, xamba.
  2. Pau ou ferro atravesado con que se asegura unha porta ou ventá.
    • Exemplo: Colleu o tranqueiro da porta por se eran ladróns os que entraran na corte.

    • Sinónimos: tranca.
  3. Pau curto e groso.
  4. Anaco de pan, carne ou outro alimento.

Traducións