Modelo:Sabías que/30 de xuño

...a palabra «aportar» existe en galego, pero non significa o mesmo ca en castelán. Na nosa lingua procede de «porto», e é a acción que fan os barcos cando chegan aos peiraos. Os equivalentes galegos da forma castelá serían «contribuír», «fornecer», «prover», «axudar con».