aborto
Galego
- Pronuncia: /aˈβoɾ.to̝/ (AFI)
aborto (sg: aborto; pl: abortos)
- (Obstetricia) Expulsión natural ou provocada do embrión ou do feto antes de que sexa viábel.
- Exemplo: Pariu tres fillos e tivo dous abortos.
- Sinónimos: abortamento.
- Exemplo: Pariu tres fillos e tivo dous abortos.
- (Obstetricia) Embrión ou feto abortado.
- Exemplo: No laboratorio había un andel cheo de frascos con abortos.
- Exemplo: No laboratorio había un andel cheo de frascos con abortos.
- (Botánica) Vexetal, ou parte do mesmo, que non acadou o seu total desenvolvemento.
- (Medicina) Por extensión, detención prematura do curso dunha enfermidade.
- (Figurado) Persoa ou cousa moi fea ou desproporcionada.
Termos relacionados
- aborto accidental
- aborto ampolar
- aborto contaxioso
- aborto diferido
- aborto enzoótico do gando
- aborto espontáneo
- aborto habitual
- aborto involuntario
- aborto provocado
- aborto terapéutico
- aborto tubárico
- aborto vibriónico
- aborto voluntario
Observacións
A expresión aborto involuntario, sinónima de aborto espontáneo, úsase especialmente en contraposición a aborto voluntario, máis que a aborto inducido ou aborto provocado, que serían, máis ben, expresións contrarias a aborto espontáneo.