Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «abrollo».
  •   Pronuncia: /aˈβɾo.ʎo̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

 
Froito (abrollo), inmaturo, do abrollo (planta).

abrollo (sg: abrollo; pl: abrollos)

  1. (Botánica) Planta herbácea da familia das zigofiláceas, Tribulus terrestris Linné, anual, pubescente, decumbente (é dicir, de caules rastreiros), con follas compostas, paripinnadas, de cor abrancazada, flores solitarias, amarelas, e froito moi característico, en forma de cruz de Malta, con espiñas duras.
    • Exemplo: O abrollo considérase como unha herba daniña para os cultivos.

  2. (Botánica) Por extensión, dase este nome a outras plantas que medran espontaneamente nos cultivos, especialmente ás que teñen espiñas.
  3. (Botánica) Froito destas plantas, cando é espiñento.

Sinónimos

Traducións