acoso
Galego
- Pronuncia: [ aˈkoso̝ ] (AFI)
acoso (sg: acoso; pl: acosos)
- Acción ou efecto de acosar.
- Persecución ou molestia sen descanso a unha persoa para lograr un fin.
- Persecución a alguén con molestias insistentes.
- Na tauromaquia, persecución a cabalo dunha res, xeralmente previa a unha derriba e proba da fereza da mesma.
Expresións
- acoso escolar: calquera forma de maltrato psicolóxico, verbal ou físico producido entre escolares de forma reiterada.
- acoso inmobiliario: acción de provocar molestias aos veciños co fin de que abandonen a súa vivenda habitual.
- acoso laboral: acción dun fustrigador ou fustrigadores conducente a producir medo, terror, desprecio ou desánimo no traballador afectado cara ao seu traballo.
- acoso psicolóxico: atentado contra a dignidade dunha persoa para danala psicoloxicamente.
- acoso sexual: manifestación dunha serie de condutas compulsivas de solicitudes de favores sexuais con distintas formas de manifestación dirixidas a un receptor sen ter en conta o seu consentimento.