Galego

  •   Pronuncia: /ak.ti.'βaɾ/ (AFI)

  Verbo transitivo

activar

  1. Facer que un proceso sexa máis activo.
  2. Facer que se poña en funcionamento un mecanismo que esté detido.
  3. (Física) e (Química) Acelerar un proceso físico ou químico.
  4. (Física) e (Química) Facer radioactivo un elemento químico.

Termos relacionados

activábel, activación, activador, activamente, actividade, activo