Galego

  Substantivo feminino

anamnese (sg: anamnese; pl: anamneses)

  1. (Medicina) Conxunto dos datos da historia clínica dun doente recollidos interrogando a este.
    • Exemplo: Unha boa anamnese permite achegarse ó diagnóstico, pero moitas veces requerirá probas adicionais.

  2. (Psiquiatría) Acto de recordar as ideas dos obxectos esquecidos.
  3. (Inmunoloxía) Resposta incrementada dun animal a unha segunda ou ulterior administración dun antíxeno.

Traducións