artrópodos
Galego
- Etimoloxía: composto de artro-, do grego antigo ἄρθρον ("articulación"), e -podo, do grego antigo ποδός ("pé").
- Pronuncia: /aɾˈtɾɔpo̝ðo̝s/ (AFI)
artrópodos (sg: artrópodo; pl: artrópodos)
- (Zooloxía) Filo de animais invertebrados, de corpo simétrico (simetría bilateral) dividido en segmentos ou metámeros e cubierto por un exoesqueleto de quitina, ás veces impregnado en sales calcáreas. Son de respiración traqueal ou branquial. Caracterízanse por ter apéndices locomotores, en número variable, formados por pezas articuladas. Comprenden os trilobites, os quelicerados (como as arañas), os crustáceos e os insectos.