córvidos
Galego
- Etimoloxía: do latín científico Corvidae, de corvus (corvo) + -idae.
- Pronuncia: /ˈkɔɾ.βi.dos/ (AFI)
córvidos
- (Ornitoloxía) Familia de aves paseriformes de tamaño mediano ou grande, bico xeralmente forte e alongado, algo curvado no extremo, ás longas e acabadas en punta, patas robustas e plumaxe brillante, normalmente de tonalidades escuras; o seu réxime alimentario é }}omnívoro}}. Comprende 32 xéneros con algo máis de 100 especies distribuídas por todo o mundo, agás as zonas polares, o cono sur do continente suramericano e Nova Celandia. Os xéneros máis coñecidos son Corvus (os corvos e algunhas grallas), Pica (a pega común), Cyanopica (a pega azul) e Pyrrhocorax (case todas as grallas ou choias).