Galego

  •   Pronuncia: [kaˈðuʎo̝] (AFI)

  Substantivo masculino

cadullo (sg: cadullo; pl: cadullos)

  1. Parte dunha leira onde non chega o arado ─por non poder virar os bois─ que posteriormente se labra de través.
  2. Cada un dos sucos arados nun cadullo1.
  3. Franxa de terra sen cultivar que se deixa de lindeiro entre dúas leiras.
  4. Terrón compacto levantado ao arar a terra.
  5. Grumo formado ao callar unha substancia.