Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «capuchino».
  •   Pronuncia: /kapuˈt͡ʃino̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

capuchino (sg: capuchino; pl: capuchinos)

  1. (Alimentación) Café expreso e leite subido, con escuma, que pode levar tamén cacao ou canela en po.
  2. (Relixión) Membro dunha das diversas ordes franciscanas reformadas.
  3. (Zooloxía) Mono da familia dos cébidos, co pelo de cor castaña co pescozo e os laterais da cara brancos.

  Adxectivo

capuchino (ms: capuchino; mpl: capuchinos; fs: capuchina; fpl: capuchinas)

  1. (Relixión) Relativo ou pertencente a unha orde franciscana reformada.