Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «cartilaxe».
  •   Etimoloxía: do latín cartilagine(m).
  •   Pronuncia: /kaɾtiˈlaʃe̝/ (AFI)

  Substantivo feminino

cartilaxe (sg: cartilaxe; pl: cartilaxes)

  1. (Anatomía) Tecido conxuntivo modificado, sen vasos sanguíneos nin nervios, que constitúe a maior parte do esqueleto fetal e que, nos adultos, cobre o óso nas superficies articulares e tamén está presente nalgúns órganos, como no caso dos aneis da traquea.
    • Termos relacionados: Na forma primitiva grega, khondros, actúa como prefixo de diferentes palabras relacionadas coa cartilaxe: condral, condrite, condrosarcoma, etc.

Traducións