chantaxe lanceolada

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «chantaxe lanceolada».
 
  •   Pronuncia: /t͡ʃanˈtaʃe̝lanθeɔˈlaða̝/ (AFI)

  Locución substantiva feminina

chantaxe lanceolada (sg: chantaxe lanceolada; pl: chantaxes lanceoladas)

  1. (Botánica) Planta herbácea vivaz sen talos ramificados e con talos florais que acadan 30–50 cm de altura, cun rizoma curto central do que agroman moitas raiciñas de cor amarela. As follas lanceoladas ou ovadas, longas, algo dentadas e radicais están dispostas nunha roseta basal no baseamento do talo, teñen de 3-7 nervacións lonxitudinais que se estreitan e continúan no pecíolo. A inflorescencia terminal é unha espiga densa con flores moi pequenas de cor branca ou purpúrea. A espiga é curta durante a floración e despois vaise alongando. O froito é un pixidio con 4-16 sementes.

Sinónimos

Traducións