cogomelo de ostra
Galego
cogomelo de ostra (sg: cogomelo de ostra; pl: cogomelos de ostra)
- (Alimentación) (Micoloxía) Cogomelo comestíbel da familia Pleurotaceae e a orde Agaricales, é un dos cogomelos bravos máis arelados, aínda que tamén pode ser cultivado sobre unha camada de palla e noutros ambientes. Con frecuencia presentan un recendo a anís por mor da presenza de benzaldehído.