conformación en bote
Galego
- Etimoloxía: de conformación e bote.
- Pronuncia: /koɱfoɾmaˈθjoŋ eŋ ˈbɔte/ (AFI)
conformación en bote (sg: conformación en bote; pl: conformacións en bote)
- (Química orgánica) No ciclohexano e noutros compostos cíclicos de seis átomos, conformación na que os átomos das posicións 1, 2, 4 e 5 se achan nun plano, e os outros dous (3 e 6) están situados a un mesmo lado de dito plano.
- Sinónimos: conformación de bote.