Galego

  •   Pronuncia: /ko.ˈɾo.a̝/ (AFI)

  Substantivo feminino

coroa (sg: corona; pl: coronas)

  1. Peza ornamental de forma circular, de distintos materiais, que se pon na cabeza, xeralmente como sinal de honra, autoridade ou nobreza.
    • Exemplo: Puxéronlle unha coroa ao vencedor. Coroa de loureiro. Coroa real

      .
  2. Obxecto construído con flores ou follas dispostas en círculo usado para facer homenaxe a alguén.
    • Exemplo: Unha coroa funeraria. Depositaron unha coroa de loureiro ao pé do monumento aos falecidos na guerra

      .
  3. Institución que ten como representación unha coroa, especificamente a real.
    • Exemplo: O herdeiro da coroa. A coroa do Reino de Galicia

      .
  4. Parte superior e, sobre todo posterior}, da cabeza do ser humano, de onde sae o pelo.
    • Exemplo: Empezou a caerlle o pelo pola coroa

      .
  5. Tonsura circular nesta parte da cabeza, que levaban os eclesiásticos antes de concilio vaticano segundo.
    • Exemplo: Unha canción popular dicía: O señor cura non baila porque ten unha coroa...

      .
  6. Moeda antiga de distintos valores e usada en distintos países, que se caracterizaba por levar unha coroa gravada nunha das súas caras.
    • Exemplo: En diferentes momentos da historia de España acuñáronse coroas

      .
  7. Unidade monetaria de Suecia, Noruega, Dinamarca, Islandia, Eslovaquia e a República Checa, antes de formaren parte da Unión Europea.
    • Exemplo: Coroa checa. Coroa danesa. Coroa sueca

      .
  8. Moeda que representa esta unidade.
    • Exemplo: Cando veu de Suecia trouxo algunhas coroas

      .
  9. Roda pequena dentada coa que se corda ou se pon en hora certo tipo de reloxos.
    • Exemplo: Perdín a coroa do reloxo e tiven que mercar outra

      .
  10. (Astronomía) Círculo de luz arredor dun astro, que se observa cando se dan determinadas circunstancias meteorolóxicas.
    • Exemplo: Coroa do Sol. Coroa da Lúa

      .
  11. (Botánica) Conxunto de apéndices dispostos en círculos entre a corola e os estames de certas flores.
    • Exemplo: As flores das cebolas das gaivotas teñen unha coroa branca

      .

Observacións

  1. Naacepción son sinónimos coca, cocote, couquizo, croca, curucho, curuto e toutizo.
  2. Naacepción é sinónimo cebola.
  3. Na 10ª acepción son sinónimos auréola, halo e nimbo.

Termos relacionados

cárcel de coroa, clérigo de coroa, ciguirse a coroa, coroa castrense, coroa cívica,coroa civil, coroa de barón, coroa de conde, coroa de duque, coroa de espiñas, coroa de ferro, coroa de infante, coroa de loureiro, coroa de marqués, coroa de ovación, coroa de raios, coroa de rei, corona de visconde, coroa do casco, coroa ducal, coroa fúnebre, coroa gramínea, coroa imperial, coroa mural, coroa obsidional, coroa olímpica, coroa naval, coroa oval, coroa radiada, coroa real, coroa rostrada, coroa rostral, coroa triunfal, efecto coroa, enxerto de coroa, mensaxe da Coroa, ministro da Coroa, xoia da coroa.