Galego

  •   Pronuncia: /kwa.li.fi.'kaɾ/ (AFI)

  Verbo transitivo

cualificar

  1. Caracterizar a alguén ou a algo cunha determinada calidade ou característica.
  2. Avaliar ou determinar as calidades de algo ou alguén segundo uns baremos determinados.
  3. (Dereito) Presentar o escrito de cualificación nun proceso penal.

  Verbo pronominal

cualificarse

  1. (Deportes) Superar unha proba eliminatoria que permite pasar á seguinte nunha competición estruturada en distintas fases.