deposición
Galego
- Etimoloxía: do latín depositĭōne.
- Pronuncia: /deposiˈθjoŋ/ (AFI)
deposición (sg: deposición; pl: deposicións)
- Acción e efecto de depor ou depoñer.
- Sinónimos: destitución.
- Materia que foi defecada.
- (Dereito) Declaración exposta verbalmente ante un xuíz ou tribunal.
- (Dereito) Pena vindicativa eclesiástica para os clérigos, que suspende os seus oficios, prívaos dos seus beneficios, así como na inhabilitación para ter cargos novos.
- (Historia) Privación dun cargo ou dignidade.
- (Física) (Química) Transformación dun gas a estado sólido, tamén coñecida como sublimación inversa, sublimación regresiva ou desublimación.
- (Química) Proceso no cal un material químico en disolución depósitase sobre unha superficie.
- (Xeoloxía) Sedimentación de materiais, sedimentos, levados por auga, vento e xeo.
Termos relacionados
Traducións
- Alemán: Amtsenthebung (de), Aussage (de)
- Castelán: deposición (es).
- Catalán: deposició (ca)
- Chinés: 沉积 (zh)
- Francés: dépôt (fr)
- Inglés: deposition (en).
- Italiano: deposizione (it)
- Portugués: deposição (pt)
Castelán
- Etimoloxía: do latín depositĭōne.
deposición (sg: deposición; pl: deposiciones)