Galego

don1

  •   Pronuncia: /'doŋ/ (AFI)

  Substantivo masculino

don
(sg: don; pl: dons)

  1. Presente ou regalo.
  2. Habilidade ou aptitude, normalmente positiva, que posúe alguén para facer algo.
  3. Cousa que concede a alguén unha persoa con autoridade ou un ente superior.
  4. (Relixión) Ben natural ou sobrenatural que ten o crente, respecto a Deus, de quen o recibe.

don2

  •   Pronuncia: /'doŋ, 'doŋa̯/ (AFI)

  Substantivo

don
(m: don; f: dona)

  1. Tratamento de cortesía que se antepón aos nomes propios en sinal de respecto.