Galego

  •   Pronuncia: /ɛˈfɛme̝ɾo̝/ (AFI)

  Adxectivo

efémero (ms: efémero; mpl: efémeros; fs: efémera; fpl: efémeras)

  1. Que pasa rápido, que dura pouco tempo.
  2. (Botánica) [Tipo de flor] que abre só unha vez e murcha axiña.
  3. (Ecoloxía) [Comunidade de terófitos] que se desenvolve en moi pouco tempo.
  4. (Bioloxía) [Organismo] que completa en moi pouco tempo o seu ciclo vital.

Sinónimos

  1. Breve, caduco, curto, fugaz, fuxidío, fuxitivo, instantáneo, momentáneo, pasaxeiro, transitorio.

Antónimos

  1. Duradeiro.

Traducións


Portugués

  Adxectivo

efémero (ms: efémero; mpl: efémeros; fs: efémera; fpl: efémeras)

  1. Efémero.

Variantes