exclamación
Galego
- Etimoloxía: do latín exclāmātiō, exclāmātiōnis, derivado do verbo exclāmō, exclāmāre ("exclamar"), composto de ex ("fóra") e clāmō, clāmāre ("gritar, clamar").
- Pronuncia: /eksklamaˈθjoŋ/ (AFI)
exclamación (sg: exclamación; pl: exclamacións)
- Expresión (vocablo, frase, grito, etc.) enfática que reflicte unha viva emoción ou reacción emotiva, tales como alegría, pena, indignación, cólera, abraio, admiración, etc. Acción ou efecto de exclamar.
- Signo gráfico ( ! ) que se escribe para indicar a entoación exclamativa dun enunciado (palabra, frase, oración, interxección, etc).
- Sinónimos: admiración, signo de exclamación, signo de admiración.
- Termos relacionados: interrogación, coma, comiñas, paréntese, punto, dous puntos, punto e coma, puntos suspensivos, guion, raia.
- (Retórica) Figura retórica que consiste en expresar con vigor unha emoción ou estado de ánimo para ponderalos, dar forza e eficacia ao que se di, ou obter certo efecto (cómico, tráxico, etc.) no receptor do discurso.
- Termos relacionados: alegoría, alusión, antanaclase, asteísmo, comparación, concesión, dubitación, epíteto, equívoco, eufemismo, expolición, interrogación, hipérbole, histeroloxía, ironía, metáfora, metalepse, metonimia, negación, oxímoro, paradiástole, paradoxo, perífrase, permisión, preterición, sinécdoque, sarcasmo.
Traducións
- Castelán: exclamación (es).
- Catalán: exclamació (ca).
- Francés: exclamation (fr).
- Inglés: exclamation (en).
- Italiano: esclamazione (it).
- Portugués: exclamação (pt).
Castelán
exclamación (sg: exclamación; pl: exclamaciones)