experiencia
Galego
- Etimoloxía: do latín experientia.
- Pronuncia: /ekspeˈɾjɛnθja̝/ (AFI)
experiencia
- Coñecemento que se ten dunha actividade, oficio, cousa etc., adquirido fundamentalmente despois de realizala, usala ou vela, durante certo tempo.
- Exemplo: Apenas ten experiencia con ordenadores. Precísanse camareiros con experiencia.
- Exemplo: Apenas ten experiencia con ordenadores. Precísanse camareiros con experiencia.
- Situación ou suceso polo que alguén adquire coñecementos do mundo e da vida.
- Exemplo: Foi unha experiencia que non quero repetir.
- Exemplo: Foi unha experiencia que non quero repetir.
- Coñecemento do mundo e da vida.
- Antónimos: inexperiencia.
- Estudo dun fenómeno a través da observación.
- Exemplo: O profesor está realizando diversas experiencias no laboratorio.
- Sinónimos: experimento.
- Exemplo: O profesor está realizando diversas experiencias no laboratorio.