Galego

  •   Pronuncia: /'fɾɛ.t͡ʃa̯/ (AFI)

  Substantivo feminino

frecha
(sg: frecha; pl: frechas)

  1. Arma que consiste nunha hasta delgada, normalmente de madeira, á que se lle afía un dos extremos, ou se lle engade unha punta de ferro afiada, e unhas aletas ou plumas curtas no outro, que serven para que manteña a dirección ao ser disparada.
  2. Calquera obxecto en forma de frecha.
  3. Sinal semellante a unha frecha ou a unha cabeza de frecha, usado sobre todo para indicar unha dirección.
  4. (Arquitectura) Remate acabado en punta dunha torre ou dun campanario, típico do gótico.
  5. (Arquitectura) Altura dun arco ou dunha bóveda desde a liña de arranque até a clave.
  6. (Arquitectura) Tellado piramidal que está moi elevado respecto das dimensións das súas bases.
  7. (Tecnoloxía) Nun avión, ángulo que forma a liña que une os puntos das cordas dos perfís dunha á situada a un 25% do ángulo de ataque co plano de simetría do aparato.
  8. (Tecnoloxía) Distancia entre o punto da máxima deformación dunha viga sometida a flexión e o lugar que ocuparía teoricamente o mesmo punto se non houbera deformación.

Termos relacionados

frecha astronómica, frecha litoral