glúteo mínimo
Galego
- Etimoloxía: do latín científico gluteus, derivado irregular do grego antigo γλουτόσ (nádega; rexión glútea), e o latín minimus, -a, -um (moi pequeno), superlativo do latín parvus (pequeno).
glúteo mínimo (sg: glúteo mínimo; pl: glúteos mínimos)
- (Anatomía) Músculo de forma triangular, situado na parte máis profunda da rexión glútea, que se estende desde a fosa ilíaca externa até o trocánter maior, e cuxa función é a da separación da coxa e a rotación interna da mesma.