Galego

  •   Pronuncia: /'lo.ʃi.ko̯/ (AFI)

  Adxectivo

lóxico
(ms: lóxico; mpl: lóxicos; fs: lóxica; fpl: lóxicas)

  1. Pertencente ou relativo á lóxica.
  2. Conforme ás regras da lóxica.
  3. Dito dunha persoa, que estuda lóxica ou é experto nela.
  4. Dito dunha consecuencia, que é natural e lexítima.
  5. Dito dun suceso, que ten antecedentes que o xustifican.

  Substantivo feminino

lóxica
(sg: lóxica; pl: lóxicas)

  1. Disciplina que expón as leis e formas das proposicións en relación coa súa verdade ou falsidade.
  2. Tratado de lóxica.
  3. Maneira de pensar e de actuar con sentido común.