Galego

  •   Pronuncia: /lisˈtaðo̝/ (AFI)

  Adxectivo

listado (ms: listado; mpl: listados; fs: listada; fpl: listadas)

  1. Que está presente nunha lista ou enumeración.
    • Sinónimos: enumerado.
    • Exemplo: Se non estás listada nas actas é porque non entregaches a ficha.

  2. Que presenta raias ou listas no seu aspecto exterior.
    • Sinónimos: raiado, riscado.
    • Exemplo: Por favor, lévaslleme á miña camisa listada ós da tinturaría?

  Substantivo masculino

listado (sg: listado; pl: listados)

  1. (Ictioloxía, alimentación) Peixe mariño do grupo dos túnidos, familia escómbridos. Alcanza tamaños máximos de 1 metro (aínda que o normal son valores de 40-50 cm) e pesos de 5-10 kg (con máximos de 19 kg). Recoñécese pola presenza de 4-7 bandas lonxitudinais escuras a ambos os dous lados da rexión ventral, por baixo da liña lateral. A cor do lombo é azul escuro con irisacións púrpuras, aclarando segundo descende cara o ventre, que ten cor prateada. As aletas dorsais están lixeiramente separadas. A aleta pectoral é moi curta.

Termos relacionados

Castelán

  •   Etimoloxía: do participio do verbo listar.

  Substantivo masculino


singular plural
listado listados
  1. Enumeración, listaxe, lista (serie organizada e linear de nomes ou outros datos).
    • Observacións: En galego é incorrecto usar listado co significado de lista.
  2. (Ictioloxía, alimentación) Atún listado.

  Adxectivo


singular plural
masculino listado listados
feminino listada listadas
  1. Listado (estar nunha listaxe).
    • Exemplo: No salía listada entre los aprobados de las oposiciones y reclamó

  2. Listado, raiado, riscado.