Galego

mallar1

  •   Pronuncia: /maˈʎaɾ/ (AFI)

  Verbo transitivo

mallar

  1. Petar cun mallo ou outra cousa co fin de extraer os grans dunhas plantas.
 
Mallando na festa da malla de Doade, Lalín.
  1. Bater en algo ou alguén até producir dano.
  2. Cansar algo moito a alguén.

mallar2

  •   Pronuncia: /maˈʎaɾ/ (AFI)

  Verbo intransitivo

mallar

  1. Ficar o peixe atrapado nunha rede.

Conxugación