mandolina
Galego
- Pronuncia: /mandɔˈlina̝/ (AFI)
mandolina (sg: mandolina; pl: mandolinas)
- (Música) Instrumento musical con catro cordas dobres afinadas como o violín que se pulsan cunha púa ou plectro. A caixa de resonancia pode ser cóncava ou plana.
- Termos relacionados: mandolinista, instrumento de corda.
- (Alimentación) Utensilio de cociña que se emprega para cortar verduras, queixo, xamón, etcétera facilmente en rodas uniformes de grosor.