marea
Galego
- Pronuncia: /maˈɾɛa̝/ /maˈɾea̝/ (AFI)
marea
- (Astronomía) Variacións periódicas do nivel das augas mariñas, debidas ao efecto gravitacional combinado da Lúa e do Sol, que se producen dúas veces ao día.
- (Mariña) Campaña de pesca, período de tempo que dura unha campaña, conxunto das capturas realizadas nunha campaña.
- Exemplo: Non falta nada para comezar a marea do bonito.
- Exemplo: Estaba a piques de rematar a marea cando afundiu o barco.
- Exemplo: Non falta nada para comezar a marea do bonito.
Termos relacionados
- mar
- marea chea, mar cheo, subir o mar, encher o mar, preamar,
- marea baixa, mar baixo, baixar o mar, baixamar
- marea negra
- marea vermella