Galego

  •   Pronuncia: /maˈtaɾ/ (AFI)

  Verbo

matar

  1. (trans. e pron.) Privar da vida a unha persoa ou animal.
    • Exemplo: Matou os dous fillos. Perdeuno todo e matouse.

    • Sinónimos: suicidar.
  2. Perde-la vida.
    • Exemplo: Matáronse nun accidente de avión.

    • Sinónimos: morrer.
  3. Apagar (a luz, o candil, o lume).
  4. Calmar, satisfacer (a sede, a fame).
  5. Quita-la saúde.
    • Exemplo: O tabaco mata.

  6. Acabar coa esperanza.
  7. Sacrificarse por algo, esforzarse sobremaneira.
    • Exemplo: Non te mates, non paga a pena.

  8. Disipar, esvaecer, debilitar, borrar, atenuar.
  9. Causar chagas os apeiros á besta, causar amatas.

Traducións

Exemplo

(2)

Xa non volvo á fonteliña
onde eu a sede mataba,
xa non che volvo, que contan
que lle turbaron a iauga.
Hei ir á fía esta noite,
e hei de matar o candil,
e heille mazar a cotena
a un 'majo' que campa alí.


Conxugación


Expresións relacionadas

  • Dar a matar: golpear a alguén con forza, con violencia, deixándoo malferido.
  • Estar a matar: estar enemistado, estar a mal.
  • Levarse a matar: estar enemistado, estar a mal.
  • Matalas calando: facer algo ás agachadas, dicir algo por detrás, co obxectivo de conseguir un beneficio sen darse a coñecer.
  • Mata-lo bicho: aplaca-la fame. Equivale ó castelán Matar el gusanillo.
  • Mata-lo tempo: pasa-lo tempo en facer calquera cousa con tal de non aburrirse.
  • Matar dous paxaros dun tiro: conseguir simultaneamente dúas cousas cun esforzo común.
  • Matar peixe: pescar, capturar peixe. Cando se pesca en abundancia dise tamén Mata-lo porco.
  • Pórse a matar: enfrontarse con alguén, enemistarse.
  • ¡Que me maten!: exclamación que pretende garanti-la veracidade do que se conta.
  • Quedar como quen ceba e non mata: perder algo que se daba por seguro.
  • A quen matares o pai, non lle críes o fillo.
  • Mata e matarante, e xa matarán a quen te mate.
  • Matalas calando, e tomalas con tento.
  • Matarás, matarte han, e a quen te mate matarán.
  • Moito te matas, e non te decatas.
  • Na paz e na guerra, o que matan morto queda.
  • Ó matar os porcos, praceres e xogos; ó comer as morcillas, praceres e risas; e ó pagar os diñeiros, doos choriqueiros.
  • O que a uns mata, a outros sana.
  • O que non mata engorda..
  • Uns matan e outros esfolan.


Portugués

  Verbo

matar

  1. Matar.