Galego

  •   Etimoloxía: do latín meatu(m), "camiño", "medio"
  •   Pronuncia: /meˈato̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

meato

  1. (Anatomía) Orificio ou conduto que posúen algúns órganos, a través do cal se abren ó exterior ou se comunican con outro órgano.
  2. (Botánica) Espazo baleiro que deixan entre si as células nalgúns tecidos vexetais.

Termos relacionados

Traducións