Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «meco».

meco1

  •   Pronuncia: /ˈmɛkʊ/ (AFI)

  Substantivo masculino

meco (sg: meco; pl: mecos)

  1. Pequeno verme.
  2. Boneco que se adoita queimar ao final do Entroido.
  3. Home con luxuria.

meco2

  •   Pronuncia: /ˈmɛkʊ/ (AFI)

  Substantivo masculino

meco (sg: meco; pl: mecos)

  1. Aceno, palabra ou caricia de tenrura.
  2. Trato de cariño que se ve excesivo.
  3. Actitude caprichosa de quen recibe este trato.

meco3

  •   Pronuncia: /ˈmɛkʊ/ (AFI)

  Adxectivo

meco (ms: meco; mpl: mecos; fs: meca; fpl: mecas)

  1. Dise da persoa birolla e que ve mal.
  2. Dise da persoa de ollos moi claros.
  3. Dise da persoa ou animal sen unha ou as dúas orella, ou parte delas.

meco4

  •   Pronuncia: /ˈmɛkʊ/ (AFI)

  Substantivo

meco (ms: meco; mpl: mecos; fs: meca; fpl: mecas)

  1. (Xentilicio) Veciño ou natural do Grove.
    • Exemplo: Os mecos defenderon a súa propiedade sobre a praia da Lanzada

      .
    • Sinónimos: groveiro, grovense.
    • Observacións: Este xentilicio vén dado por unha das lendas máis famosas destas terras (A lenda do Meco). Don Juan de la Meca era o señor feudal que posuía o dominio da vila, polo que podía disfrutar do "dereito de pernada", que consistía nun presunto dereito que outorgaba aos señores feudais a potestade de manter relacións sexuais con calquera doncela, serva do seu feudo, que fose contraer matrimonio cun dos seus servos. A poboación grovense, cansa dos seus abusos, decidiu axustizalo e colgalo dunha figueira no monte da Siradella. E cando as autoridades intentaron prender e castigar o culpable do crime, a lenda conta que o pobo berrou ao unísono: ¡Matámolo todos!.

  Adxectivo

meco (ms: meco; mpl: mecos; fs: meca; fpl: mecas)

  1. (Xentilicio) Dise dos veciños, naturais, colectivos, empresas, etc. do Grove.
    • Exemplo: O alcalde meco non conseguiu aprobar o PXOM

      .
    • Sinónimos: groveiro, grovense.