mirandés
Galego
- Pronuncia: /miɾanˈdes/ (AFI)
mirandés
- Pertencente ou relativo a lingua mirandesa.
- Pertencente ou relativo a cidade de Portugal Miranda do Douro.
- Pertencente ou relativo a cidade de España Miranda de Ebro.
mirandés
- (Lingüística) Lingua románica do grupo asturleonés, falada no norte da Península Ibérica. É falada no Portugal nororiental, concretamente na vila e nas aldeas do concello de Miranda do Douro e en tres aldeas máis do concello de Vimioso, estendéndose a súa influencia por outras aldeas dos concellos de Vimioso, Mogadouro, Macedo de Cavaleiros e Bragança.
- Sinónimos: lingua mirandesa.
- (Xentilicio) Habitante da cidade de Portugal Miranda do Douro.
- (Xentilicio) Habitante da cidade de España Miranda de Ebro.