Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «renacemento».
 
O Home de Vitruvio, de Leonardo da Vinci (c. 1492)
  •   Pronuncia: [re.na.θeˈmen.tʊ] (AFI)

  Substantivo masculino

renacemento (sg: renacemento; pl: renacementos)

  1. Acción e efecto de renacer.
  2. (Historia) Movemento cultural e artístico co que remata a Idade Media en Europa e comeza a Idade Moderna. Xorde en Italia no século XV e esténdese axiña por Europa.
    • Exemplo: Leonardo, Michelangello ou Rafael son os paradigmas do Renacemento italiano.

    • Observacións: Recibe o nome de Renacemento porque se caracteriza por recuperar a antigüidade clásica.
  1. (Historia) Epoca (séculos XV e XVI) na que se desenvolve este movemento.
    • Exemplo: O renacemento italiano divídese en dúas grandes épocas: Quattrocento e Cinquecento.

Termos relacionados

Traducións