Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «ril».
 
Debuxo esquemático do ril
  •   Pronuncia: /ˈril/ (AFI)

  Substantivo masculino

ril (sg: ril; pl: riles)

  1. (Anatomía) Órgano par, situado á altura das primeiras vértebras lumbares, cuxa función é filtra-lo sangue e eliminar, a través da urina, os residuos metabólicos.
  2. Por extensión, rexión do corpo, na parte baixa das costas, que corresponde á situación dos riles. Adoita usarse en plural. De tanto cavar teño unha dor de riles que nin te imaxinas.

Sinónimos

Termos relacionados

Traducións