Galego

  Verbo transitivo

salvar

  1. Facer que algo ou alguén se libre dun gran perigo ou da morte.
    • Exemplo: Os bombeiros salvaron o edificio da súa destrución. Un equipo de rescate salvou os mariñeiros. Salvar a vida

      .
  2. Facer que algo ou alguén evite unha dificultade ou situación comprometida.
    • Exemplo: O único que te salvará do suspenso será que fagas un bo exame final

      .
  3. Elevarse por encima de algo que constitúe un obstáculo.
    • Exemplo: Chegou á meta tras salvar todos os valos

      .
  4. (Figurado) Pasar por encima de algo que supón un obstáculo ou dificultade.
    • Exemplo: A empresa salvou os problemas económicos buscando novo financiamento

      .
  5. Manter unha persoa ou cousa fóra do que se afirma.
    • Exemplo: Salvou a un que se afogaba, e foi condiderado como un heroe

      .
  6. (Relixión) Conceder a gloria eterna.
    • Exemplo: Segundo o Novo Testamento Xesucristo morreu por salvarnos

      .

  Verbo pronominal

  1. Algo ou alguén escapar dun gran perigo ou da morte.
    • Exemplo: Da inundación só se salvaron os mobles do piso de arriba. Salváronse porque levaban posto o chaleco salvavidas

      .
  2. Algo, ou alguén, evitar unha dificultade ou situación comprometida.
    • Exemplo: Con ese comportamento non te salvas da expulsión do Instituto

      .
  3. (Relixión) Alcanzar a gloria eterna.
    • Exemplo: Salvarase pola súa fe en Xesús

      .