Galego

  •   Pronuncia: /teŋ.'ðeŋ.θja̯/ ou /teŋ.'ðeŋ.sja̯/ (AFI)

  Substantivo feminino

tendencia
(sg: tendencia; pl: tendencias)

  1. Inclinación ou disposición en virtude da que alguén se ve atraído cara a un fin.
  2. Inclinación dun obxecto a moverse nunha certa dirección.
  3. Orientación ou corrente que se desenvolve no interior dun movemento, grupo ou partido político.
  4. Conxunto de persoas que manifestan esta inclinación.
  5. Conxunto dos factores que orientan un fenómeno cara a unha dirección determinada.
  6. Idea artística, relixiosa, económica, política, etc., que se orienta en determinada dirección.
  7. (Economía) Conxunto dos factores que determinan o movemento continuo e prolongado de calquera actividade económica durante un período de tempo.
  8. (Matemáticas) Liña que presenta un conxunto de datos estatísticos en relación co tempo.