Grafías semellantes:     tomo- ,    -tomo

Galego

  •   Pronuncia: [ˈto.mʊ], [ˈtɔ.mʊ] (AFI)

  Substantivo masculino

tomo (sg: tomo; pl: tomos)

  1. División temática dunha obra escrita, adoito publicada como libro propio pero ás veces formando parte dun mesmo libro.
    • Exemplo: A editorial vai publicar unha enciclopedia de etnografía en 20 tomos.

    • Sinónimos: volume (só no caso de publicación por separado)
  2. Por extensión, libro de gran formato.
    • Exemplo: O Presidente regalou ós asistentes un exemplar do Quixote nun tomo luxosamente encadernado.

    • Sinónimos: libro, volume.

Traducións