trucar
Galego
- Pronuncia: [tɾuˈkaɾ] (AFI)
trucar1
trucar
- Arremeter un animal cos cornos.
- Sinónimos: cornear, cotar, escornar, repotar, romar, topar, turrar.
- Termos relacionados: cotada, turrada, trucada.
- Exemplo: Unha vaca en celo chámase ‘Toura’, que tamén significa estar en celo, e unha vaca neste período -’touronada’- pode tornarse moi perigosa para o seu dono xa que pode trucar contra el, tomándoo polo almallo.
- Golpear a cabeza contra algo.
- Sinónimos: turrar.
trucar2
trucar
- Alterar unha cousa introducindo algún cambio no orixinal con algún fin.
- Exemplo: Non xogo con esta baralla trucada.
- Exemplo: Non xogo con esta baralla trucada.
- Manipular unha fotografía ou unha secuencia cinematográfica para representar unha situación diferente da real.
- Modificar o motor dun vehículo para darlle maior potencia.
- Exemplo: Despois de trucar o motor, ninguén podía con el.
- Exemplo: Despois de trucar o motor, ninguén podía con el.
Conxugación
Verbo semirregular da 1ª conxugación
Infinitivo | trucar |
Xerundio | trucando |
Participio | trucado, trucada, trucados, trucadas |
1 Vostede(s) |